jueves, 18 de enero de 2007

CASTROS DO VAL DO DUBRA














1 Portomeiro
2 Buxán
3 Niveiro
4 Rial(totalmente destruído)
5 Pazo
6 Paramos
7 Portomouro
8 Malvárez



1 PORTOMEIRO

Lugar:Portomeiro
Parroquia: San Cosme de Portomeiro
Estado: En mal estado, ateigado de maleza
Descrición do castro(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Componse o castro ou castelo dun único recinto de forma ovalada e perfectamente adaptado ás posibilidades que lle ofrece a parte máis alta do monte. Este único recinto deféndese por un sólido sistema defensivo composto por un parapeto reforzado en todo o seu perímetro por numerosas afloracións graníticas que sirven de atalaias defensivas e baluartes de difícil superación. A croa móstrase moi irregular e de difícil estudio polo estado de abandono no que se encontra. A maleza cubre a totalidade da superficie interior e varios penedos atópanse a carón da defensa.
Medidas: N. S.: 70m. L.W.: 80m."



2 BUXAN

Lugar: Buxán
Parroquia: Santiago de Buxán
Estado: Arrasado
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"A súa situación actual impide calquera precisión con respecto dos antergos sistemas defensivos. O estado de aniquilamento é de tal consideración que só o especial emprazamento xeoestratéxico, floclore e escasos vestixios dun parapeto, permite determninar que existe un poboado castrexo"




3 NIVEIRO









Lugar: Niveiro
Parroquia: San Vicente de Niveiro
Estado: En bó estado, aínda que cuberto de vexetación.
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Componse o castro dun recinto interior de forma ovalada acusadamente inclinado de levante a poñente. Deféndese por unha rexa muralla de pedra de mampostería que na banda onde o chan da croa acada a súa máxima pendente, a rexión que mira ó val do río Dubra, transfórmase nun terraplén de importante inclinación. A muralla atinxe as súas máximas proporcións na proximidade á capela de San Antonio. A altura interior é superior ós 4 m. aproximadamente. A medida que se vai desplazando ata ámbolos dous lados vai perdendo altura.
Medidas: N:S:: 80m L:W:: 85m."





4 RIAL

Lugar: O Castro
Parroquia: San Vicente de Rial
Estado: Desaparecido
Descrición: Sábese que houbo un castro pola súa toponimia e porque aparecíu un muiño de man de tempo prerromano-romano tamén desaparecido





5 PAZO

Lugar: O Pazo
Parroquia: San Salvador de Bembibre
Estado: Regular-mal. Hai un par de anos foi vítima dun desbroce para aproveitamento agrícola.
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Ostenta o xacimento un único recinto circular protexido por un parapeto de terra que amosa escasas proporcións por causa de esmorecerse en todo o arredor ata as rexións limítrofes exteriores. Na parte interior deste recinto atópase unha acumulación de terra totalmente cuberta de piñeiros, que acada unha altura semellante á da defensa exterior, e entre eles un pequeno foso interior de escasísimas magnitudes dáda-las reducidísimas proporcións do xacimento. Nada mellor que a análise do perfil do castro para poder aprecia-la forma desta acrópole.
Medidas: N.S.: 50m. L.W. 50m."











6 PARAMOS











Lugar: Paramos

Parroquia: Santa María de Paramos

Estado: Bó. Cuberto de Maleza

Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989"Presenta un único recinto central de forma ovalada e con clara tendencia a inclinarse dende o levante ó poñente e mais profundamente de sur a norte. A croa bastante irregular componse dun recinto dividido en dúas partes por un sector central que vai de oriente a occidente e que se eleva por enriba do nivel da acrópole situado na banda do norte e que pode actuar a xeito de valioso elemento defensivo ou pequeno foso. Arrodea a esta acrópole un parapeto de dimensións importantes por toda a banda meridional, dende o poñente ó levante, e que conserva tódalas súas magnitudes e proporcións ata o camiño que se adentra na croa.

Medidas: N.S.: 60m. L.W.: 70m."

7 PORTOMOURO






Lugar: Portomouro

Parroquia: San Cristobal de Portomouro

Estado: Mal.

Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Presenta un recinto central lixeiramente inclinado ás marxes do Tambre, de aspecto bastante uniforme e no que o seu sistema de protección consiste no levantamento dun sólido parapeto, cunha altura superior ós 5 m., e que pola banda meridional foi recentemente arrasado. Rodeando este recinto central atópase unha plataforma que nalgunhas partes é cinguida dun parapeto bastante esmorecido e que na banda septentrional foi totalmente arrasado. Mais que unha plataforma interior trátase dun foso defensivo de aproximadamente 10 m. de anchura que envolve a totalidade da croa castrexa.

Medidas: N.S.: 70m. L.W.: 85m.

"Preto atopamos a Pedra do Home(Tumbas excavadas en pedra, posiblemente, non foron estudiadas a fondo, da época sueva)



8 MALVARES

Lugar: Malvárez

Parroquia: San Vicente de Rial

Estado: En perigo de desaparición. Foi destruída a súa parte de poñente por dos desmontes, un recente

Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Presenta un recinto central único e de forma arriñonada, pero moi irregular, e cun maior desenvolvemento superficial da parte situada na rexión meridional. Amosa unha clara e visible inclinación de sur a norte, máis acusadas de poñente a levante, e deféndese por medio dunha forte muralla e terraplén en todo o perímetro. A muralla ostenta unha altura exterior superior ós 5 m. na banda que mira á aldea de Malváres Grande e vai perdendo consistencia a medida que vai desplazando cara os puntos sobresaíntes e angulosos da acrópole castrexa.

Medidas: N:S.: 110 m. L.W.: 60 m."

3 comentarios:

patinho dijo...

Irei ampliando e mellorando o blog, a miña intención e facer varios blogs de historia, arte, cultura, lingüística, toponimia... de Val do Dubra e con éles facer unha páxina web completa destes temas. Por eso agradezo de antemán as aportacións, ou críticas, que me comentedes.
Gracias.

patinho dijo...

No castro de Niveiro din que había un túnel que salía a unha fincas máis abaixo. Alguén pode concretar máis?

patinho dijo...

AREAS DE INTERÉS ARQUEOLÓGICO.
El municipio de Val do Dubra cuenta con una serie de áreas de interés arqueológico por
la existencia comprobada o razonablemente presumida de vestigios de carácter
arqueológico. La relación de estas áreas es la siguiente:
PARROQUIA DE ABAREXO (Santa Maria)
- 01.YC05 - Castro. “Castro de Tenzas da Costa”, GA15088Ref001 (Costa, Rebordelos-
Abelenda)
- 01.YC06 - Castro. “O Castrillón”, GA15088019 (O Burgo)
PARROUIA DE BEMBIBRE (San Salvador)
- 02.YC22 - Arquitectura militar. “Castelo do Pazo. O Castelo”, GA15088007 (O
Pazo)
PARROQUIA DE BUXAN (Santiago)
- 03.YC19 - Castro. “Castro de Buxán”, GA15088008 (A Igrexa)
- 03.YC20 - Túmulo. “Mámoa 1 da Costa do Marco”, GA15088017 (Costa do
Marco, Vilar)
- 03.YC21 - Túmulo. “Mámoa 2 da Costa do Marco”, GA15088018 (Costa do
Marco, Vilar)
- 03.YC22 - Indeterminado. “Facho”, GA15088Ref003 (Montemaior)
PARROQUIA DE ERVIÑOU (San Cristobo)
P.G.O.M de VAL DO DUBRA (A CORUÑA)
DOCUMENTO INICIAL 8
- 05.YC10 - Castro. “Castro de Erviñou”, GA15088Ref002 (San Cristovo)
- 05.A11 - Carballeira de la Capilla de San José (Abelenda)
PARROQUIA DE NIVEIRO (San Vicente)
- 06.YC12 - Castro. “Castro de Niveiro”, GA15088023 (Niveiro do Medio)
- 06.A13 - Árbol. Roble centenario en A Igrexa (A Igrexa)
PARROQUIA DE PARAMOS (Santa María)
- 07.YC12 - Castro. “Castro de Santa María de Paramos, Castro de Paramos, A
Croa, O Castro”, GA15088024 (Paramos)
- 07.YC13 - Túmulo. “Mámoa 1 da Taberna Vella”, GA15088001 (Pedras Negras, A
Cavada)
- 07.YC14 - Túmulo. “Mámoa 2 da Taberna Vella”, GA15088002 (Pedras Negras, A
Cavada)
PARROQUIA DE PORTOMEIRO (San Cosme)
- 08.YC11 - Arquitectura militar. “Castro do Castelo”, “O Castelo de Portomeiro”
GA15088005 (Portomeiro)
- 08.YC12 - Castro. “Castro de Vilardoa”, GA15088Ref004 (Cerradelo)
- 08.YC13 - Túmulo. “Mámoa 1 Paraños, Vilardoa”, GA15088013 (Vilardoa)
- 08.YC14 - Túmulo. “Mámoa 2 Paraños, Vilardoa”, GA15088014 (Vilardoa)
- 08.YC15 - Túmulo. “Mámoa 1 de Mato Grande”, GA15088015 (Vilardoa)
- 08.YC16 - Túmulo. “Mámoa 2 de Mato Grande”, GA15088016 (Vilardoa)
PARROQUIA DE PORTOMOURO (San Cristobo)
- 09.YC25 - Castro. “Castro de Portomouro”, GA15088010 (Portomouro de Arriba)
- 09.YC26 - Necrópolis. “Sartegos, Pedra do Home”, GA15088009 (Portomouro de
Arriba)
PARROQUIA DE RIAL (San Vicente)
- 10.YC37 - Castro. “Castro de Rial”, GA15088011 (O Castro)
- 10.YC38 - Castro. “Castro de Ramona, Castro de Malvares”, GA15088006 (Malvares)
- 10.YC39 - Castro. “Castro de Boiro”, GA15088Ref005 (Pousada)
PARROQUIA DE SAN ROMAN (Santa Mariña)
- 11.YC36 - Túmulo. “Mámoa 1 de Porto Rabeiro”, GA15088003 (Xermil)
- 11.YC37 - Túmulo. “Mámoa 2 de Porto Rabeiro”, GA15088004 (Xermil)
- 11.A38 - Carballeira en San Román (San Román)
PARROQUIA DE VILARIÑO (San Pedro)
- 12.YC16 - Castro. “Castro de Os Castros”, GA15088012 (A Igrexa)
P.G.O.M de VAL DO DUBRA (A CORUÑA)
DOCUMENTO INICIAL 9
- 12.YC17 - Túmulo. “Mámoa 1 de Alto de Vilariño”, GA1508821 (A Balurida de
Abaixo, Vilariño)
- 12.YC18 - Túmulo. “Mámoa 2 de Alto de Vilariño”, GA1508822 (A Balurida de
Abaixo, Vilariño)